banda escolaA máis cativa das formacións da Banda de Lalín xurdiu ao aveiro da Banda Xuvenil coa finalidade de ir iniciando aos nenos e nenas na práctica instrumental colectiva. Trátase dunha agrupación integrada por músicos que dan os seus primeiros pasos cos seus respectivos instrumentos e que comezan a experimentar os beneficios musicais e sociais de un conxunto. Tocar todos xuntos, seguir as indicacións de un director, facer unha audición activa e relacionarse con rapaces de inquedanzas similares son algúns dos obxectivos fundamentais que se pretenden acadar.

Desde o principio está dirixida por Santiago García Mella, quen soubo inculcar grandes doses de ilusión aos máis cativos. Actualmente está integrada por 30 compoñentes aproximadamente desexosos de amosar o seu bo facer ao público.