No ano 2009 a Banda de Lalín irrumpía con forza no WMC de Kerkrade convertíndose na agrupación revelación do certame cunha apaixoada e vibrante interpretación da suite sinfónica de Ferrer Ferrán “Pinocho” que cautivou ao público e á crítica.highlights wmc 2009

O concerto foi emitido en diversas ocasións en canais de música clásica, tanto de radio coma de televisión, en Holanda e Alemaña e a través do cd que recolle as mellores interpretacións de cada edición a versión en directo a música da Banda de Lalín chegou a infinidade de melómanos espallados polo mundo enteiro.

Obra seleccionada:
Pinocho, Ferrer Ferrán
Volume 1, CD 2