Parte fundamental desta gran familia que é a Banda de Lalín compóñena os nosos socios que co seu agarimo, apoio e aportacións contribúen a que todos os proxectos que plantexamos saian adiante.

Ser socio da Banda de Lalín supón obter importantes descontos en todo tipo de actividades que se leven a cabo coma cursos, matrículas na Escola, festas,… ademais dos agasallos e todo o ánimo dos músicos. Non perdas a túa oportunidade e faite socio cubrindo o seguinte impreso!!!

Impreso socios

Pincha na ligazón, cubre o impreso e preséntao na sede da Banda de Lalín ou remíteo por correo ao noso enderezo no Auditorio de Lalín, R/ do Parque, 10, 36.500 – Lalín.